O obxectivo en Educación Ambiental é a reflexión arredor de actitudes e aptitudes, mellorando o balanzo ambiental dos mesmos e a nosa relación cos demáis.
A metodoloxía empregada combina varios recursos (charlas-coloquio, xogos, obradoiros, visionado e comentario de audiovisuais). O obxectivo desta mestura de recursos é, ademáis de adaptarse ás preferencias do receitor, combinar aspectos lúdicos e formativos, alén de fomentar o debate.
Un aspecto importante é a avaliación das actividades: isto permite tomar nota dos acertos e incidencias no deseño de cada programa, axudando a mellorar, e permitindo aos organizadores extraer conclusións sobre o resultado da mesma a varios niveis. A avaliación xoga tamén un papel importante dentro dun proceso educativo que promova actitudes críticas nos participantes, facilitando o intercambio de impresións sobre o desenvolvemento da actividade e dos seus contidos.
Ao remate de cada programa, entrégase aos organizadores un informe-memoria no que se recollan os materiais didácticos empregados, a avaliación realizada, e información complementar (bibliografía, enderezos útiles, anexos, …).